Benvidos a todos!!
Inaguramos este novo blogue para iniciar a nosa andadura neste 2ª ano do Club de Lectura
O primeiro que temos que apuntar é o porque do noso nome
"DE CATRO A CATRO"
Escollimos o título do libro do noso poeta vangardista, Manuel Antonio, pois como nel iniciamos unha nova singradura polo mar, polo mar da literatura para a través dela viaxar a diferentes espazos e coñecer novas personaxes.
A viaxe prolongarase de 4 de novembro a 4 de xuño, momento no que chegaremos a porto despois de percorrer outros portos nos que iremos recalando e pondo en común todo o que a literatura nos reporta
AVANTE !!!