23 nov 2009

CLUB DE LECTURA "DE CATRO A CATRO"

Benvidos a todos!!
Inaguramos este novo blogue para iniciar a nosa andadura neste 2ª ano do Club de Lectura

O primeiro que temos que apuntar é o porque do noso nome
"DE CATRO A CATRO"
Escollimos o título do libro do noso poeta vangardista, Manuel Antonio, pois como nel iniciamos unha nova singradura polo mar, polo mar da literatura para a través dela viaxar a diferentes espazos e coñecer novas personaxes.

A viaxe prolongarase de 4 de novembro a 4 de xuño, momento no que chegaremos a porto despois de percorrer outros portos nos que iremos recalando e pondo en común todo o que a literatura nos reporta

AVANTE !!!



2 comentarios:

  1. Bueno, pues a ver si este año no es tan "ácrata" como el anterior pero que nos lo pasemos igual -si no mejor- de bien que el anterior (:
    Soy la primera en dejas huella por aquí, espero no ser la última como siempre ;)

    ResponderEliminar
  2. Boas!
    Eu seguireivos desde a distancia como o ano pasado. Que conste que eu xa coñezo o secreto mellor gardado: os libros que leredes ao longo deste ano. Dos dous do primeiro turno, un xa lle metín o dente e é unha auténtica delicia; o segundo, se non fose porque teño unha resma quilométrica de libros por ler, xa o tiña devorado hai tempo.

    Moi boa singradura!

    ResponderEliminar