2 dic 2009

PALABRAS DE CARAMELO. Gonzalo Moure. Ilustrado por Fernando Martín Godoy


Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou.
Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo
 
Deixovos o enlace ás páxinas dos autores por se queredes curiosear e coñecelos un pouco mellor
http://www.gonzalomouretrenor.es/
http://www.arteven.org/profile/FernandoMartinGodoy

3 comentarios:

  1. é e de aventuras o de que categoria?
    gustariame saber se vamos a facer uns traballos con estas cousas:
    - o resumo do libro
    - uns debuxos feitos polos nenos
    - comentarios como se nos gustou e se o recomendamos,se e interesante,emocionante e se é intrigoso

    ResponderEliminar
  2. pregunto so e por sabelo
    e unha opcion

    ResponderEliminar
  3. Para o noso anónimo/a (podes identificarte poñendo o nome nos comentarios):
    O libro é un libro chulísimo!!! Verás como comezas a leelo e che encanta!!
    Gustanme moito as túas suxerencias. O que queremos é que o club non sexa un sitio onde veñades a facer tarefas ou deberes senón algo divertido e ameno.
    Todo o que te chame a atención do libro (a historia, os personaxes, os dibuxos, o camelo, o deserto...) podes anotalo na túa axenda lectora para comentalo con nos.
    Estamos abertos a calqueira proposta e suxerencia.
    Un saudo!!

    ResponderEliminar