O pasado mes organizamos un club de lectura con alumnos e alumnas de 1º de bacharelato de diferentes cursos, letras e ciencias. Previamente tiñan que apuntarse nunha lista e como se anotaron bastantes, decidimos repartilos en dous grupos; un deles acudiu un xoves pola tarde e outro no seguinte. Contamos ademais coa presenza do director do instituto. As dúas sesións foron moi intensas. Alí escoitamos opinións, dúbidas e ata propostas para introducir cambios na novela. No caderno do club de lectura recollemos as distintas opinións de cada un dos presentes. Algúns defendían a idea de que o personaxe de "Alba", a muller de Leo Caldas, non tiña case entidade e gustaríalles saber algo máis sobre ela, outros quedaron moi sorprendidos pola maneira en que asasinaron a Lois Reigosa ou polo desenlace inesperado. Tamén destacaron da lectura a ambientación, os aspectos cómicos a descrición dos lugares de Vigo que despertou a curiosidade de algúns ata o punto de que propuxeron achegarse alí. Outro aspecto que chamou especialmente a atención son as referencias musicais de jazz, de blues... e xa para rematar ,que esta novela é unha obra que fala de outros autores de libros de xénero policíaco, é dicir "un libro que fala de libros" e isto interesoulles moito.
E imos rematando o curso!!!
Hace 2 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario