O autor de Limpeza de sangue participou no noso club de lectura para conversar con nós sobre a súa obra. Durante a hora e media que durou a tertulia non só conversamos sobre a súa peza teatral. Alí falouse tamén de teatro, de actores, da súa faceta como director teatral... Rubén foi respondendo ás cuestión que lle plantexaron os alumnos e desvelando as claves da peza teatral, dos personaxes, das influencias que recibiu, falounos de Roberto Vidal Bolaño e do xénero literario "desgracia" inventado por Bolaño e ao que di pertence Limpeza de sangue. Falounos tamén das pegadas de obras literarias que atopamos na peza como Príncipe e mendigo de Mark Twain, Alicia a través do espello de Carrol, ou do teatro de Shakespeare.
Ruibal definiuse ante todo como narrador, desde ben pequeno xa escribía contos:
"Eu escribo como terapia, como desafogo, senon non sei o que faría por aí"
Cando lle preguntamos polos seus escritores favoritos cita a Cortazar, a Borges, a Cunqueiro, a Valle e en relación coa literatura galega e as súas lecturas de xuventude, non dubida en recomendar a Agustín Fernández Paz e a novela Aire negro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario