O xoves 29 de maio contamos coa presenza de Xulio Correa no noso instituto. O fotógrafo e profesor veu a impartir o obradoiro "Como fotografar a meteoroloxía e o clima". A actividade tivo lugar na biblioteca, que se encheu ata os topes de "afeccionados" de secundaria, bacharelato, FP e mais profesores de diferentes materias. Xulio presentounos 16 "carpetas" tituladas Ceos, Altura, Contraluz, Flora, Chuvia, Neve, Vento, Lusco fusco... que contiñan cadansúa serie de imaxes. Apoiándose na proxección destas dotografías, o autor foi debullando durante unha hora diversas técnicas e consellos para fotografar o clima, cunha cámara reflex ou coa cámara do móbil, defendendo a idea de que facer unha boa foto non depende da calidade da cámara que usemo. Explicounos tamén a importancia de aspectos tan fundamentais como escoller ben "o donde" ou "o cando". Asimesmo destacou tamén a importancia da paisaxe, da flora ou da figura humana para fotografar o clima, xa que nelas podemos percibir o tempo atmosférico. Finalmente unha serie de "trucos caseiros" tales como a mira dunha porta, as lentes de aumento de algún familiar, unha lupa ... para mellorar a cámara do móbil, foron recibidos con entusiasmo polos participantes. Ao remate Xulio atendeu personalmente a todos os que quixeron achegarse a conversar con el e despediuse deixándonos unha fermosa dedicatoria no libro das Sinaturas dos Autores.
Moitas grazas, Xulio, todos esperamos volver a contar contigo para vindeiras ocasións!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario