04/12/2011

SEMTIMENTALISMO

dedicatoria

A escritora Olga Patiño fíxonos un agasallo moi especial. Tràtase dun exemplar do primeiro libro da  vangarda artística galega recentemente fundada e que os propios fundadores, entre os que se atopa a autora, denominan "Sentimentalismo". Este libro ten para a nosa biblioteca un significado moi especial, xa que contén unha fermosa dedicatoria dirixida ao noso alumnado.

30/11/2011

CLUB DE LECTURA VALADOS

O próximo xoves 1 de decembro ás 16.30, nova sesión de club de lectura, esta vez para 2º de ESO. Valados é o conto escollido, escrito por Agustín Fernández Paz e ilustrado por Xan Domínguez. Contaremos tamén coa participación de Alfonso Diz Sixto, profesor de ensino secundario.
Agustín Fernández Paz

"Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai horas que lles cheguen para estaren xuntos. Na súa vila comezan a suceder feitos que os desacougan; semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Axiña se erguen altos valados para separar e illar unhas persoas doutras. Valados visibles, e tamén invisibles, que afastan a Xoel e a Helena. Os dous terán que idear mil e unha artimañas para manter viva a intensa amizade que os une.

Valados é un libro sobre a amizade por riba de todas fronteiras e de todos os valados. Un libro sobre a fraternidade,sobre a igualdade e liberdade a que todos os seres humanos sen distinción de ningún tipo temos dereito.

29/05/2011

Pere Tobaruela no Wirtz

 

O pasado mércores o escritor Pere Tobaruela estivo no noso faladoiro para comentar co alumnado de 3º de ESO a súa novela Na cerna da selva.
Dedicatoria que Pere escribiu no libro das visitas.
Cris Asensio

13/05/2011

Cándido Pazó no Wirtz




Esta semana o actor e director teatral Cándido Pazó estivo con nós para ofrecernos un dos seus divertidos monólogos. Os espectadores, de primeiro ciclo da ESO, pasárono en grande. Desde aquí os nosos parabéns.

06/05/2011

Club de lectura con Marica Campo


Marica Campo participando no noso club de lectura. Falounos do seu libro de relatos Confusión e morte de María Balteira e da importancia de ler afirmando que a lectura fainos libres. Velaquí a fermosa dedicatoria que nos deixou.
Alumnas e alumnos de 1º de bacharelato

11/04/2011

Rubén Ruibal no Fernando Wirtz

Por Cris Asensio

O autor de Limpeza de sangue participou no noso club de lectura para conversar con nós sobre a súa obra. Durante a hora e media que durou a tertulia non só conversamos sobre a súa peza teatral. Alí falouse tamén de teatro, de actores, da súa faceta como director teatral... Rubén foi respondendo ás cuestión que lle plantexaron os alumnos e desvelando as claves da peza teatral, dos personaxes, das influencias que recibiu, falounos de Roberto Vidal Bolaño e do xénero literario "desgracia" inventado por Bolaño e ao que di pertence Limpeza de sangue. Falounos tamén das pegadas de obras literarias que atopamos na peza como Príncipe e mendigo de Mark Twain, Alicia a través do espello de Carrol, ou do teatro de Shakespeare.
 Ruibal definiuse ante todo como narrador, desde ben pequeno xa escribía contos:
"Eu escribo como terapia, como desafogo, senon non sei o que faría por aí"
Cando lle preguntamos polos seus escritores favoritos cita a Cortazar, a Borges, a Cunqueiro, a Valle e en relación coa literatura galega e as súas lecturas de xuventude, non dubida en recomendar a Agustín Fernández Paz e a novela Aire negro.

22/03/2011

Faladoiro

Chegamos ao espectáculo.
Baixo o título de Teatro e empatía, falaremos hoxe con Xosé Manuel Cundins. O fio condutor será a obra de Ruben Ruibal Limpeza de sangue, e, entre outros, tentaremos reflexionar sobre os valores educativos do teatro.