22 mar. 2011

Faladoiro

Chegamos ao espectáculo.
Baixo o título de Teatro e empatía, falaremos hoxe con Xosé Manuel Cundins. O fio condutor será a obra de Ruben Ruibal Limpeza de sangue, e, entre outros, tentaremos reflexionar sobre os valores educativos do teatro.

16 mar. 2011

En torno a Alicia

Onte tivemos no faladoiro a Mercedes Ousitde que compartiu connosco aspectos, anécdotas e reflexións sobre a súa vida persoal. A charla derivou cara á incidencia do consumo de marihuana na saúde . Mercedes desde a súa experiencia no Chuvi axúdonos a reflexionar sobre as consecuencias do consumo de sustancias tóxicas que , nunca, son inocentes.

13 mar. 2011

Faladoiro. Martes 15 as oito na biblioteca.

Mercedes Ousinde é Diplomada en Enfermaría desde o ano 88. Traballou nas unidades hospitalaria do Chuac e do Hospital Modelo. Dende fai dez anos ,desempeña a súa función na unidade de Urxencias do Chuac.


Na súa amplísima formación especifíca atopamos ; cursos técnicos como formación en Electrocardiografía ; cursos xurídicos como estudos de protección xurídica e Responsabilidade profesional; formación psicolóxica como cursos de xestión das emocions,Un exemplo ; emocions e saude.

Teríamos que engadir formación en nutrición, en atención posoperatoria, tratamento de politraumatismos en pediatría, tratamento da dor aguda e outros tantos.

Vai falar con nos sobre o persoaxe de Alicia e, a partir da sua expericia profesional, da implicación que se produce entre os sanitarios e os enfermos crónicos.
      Estades invitados.

Ollos de auga de Domingo Villar

                  O pasado mes organizamos un club de lectura con alumnos e alumnas de 1º de bacharelato de diferentes cursos, letras e ciencias.  Previamente tiñan que apuntarse nunha lista e como se anotaron bastantes, decidimos repartilos en dous grupos; un deles acudiu un xoves pola tarde e outro no seguinte. Contamos ademais coa presenza do director do instituto. As dúas sesións foron moi intensas. Alí escoitamos opinións, dúbidas e ata propostas para introducir cambios na novela. No caderno do club de lectura recollemos as distintas opinións de cada un dos presentes. Algúns defendían a idea de que o personaxe de "Alba", a muller de Leo Caldas, non tiña case entidade e gustaríalles saber algo máis sobre ela, outros quedaron moi sorprendidos pola maneira en que asasinaron a Lois Reigosa ou polo desenlace inesperado. Tamén destacaron da lectura a ambientación, os aspectos cómicos a descrición dos lugares de Vigo que despertou a curiosidade de algúns ata o punto de que propuxeron achegarse alí. Outro aspecto que chamou especialmente a atención son as referencias musicais de jazz, de blues... e xa para rematar ,que esta novela é unha obra que fala de outros autores de libros de xénero policíaco, é dicir "un libro que fala de libros" e isto interesoulles moito.