14 dic 2009

XUNTANZA

Ola a todos os lectores de  Resistencia!
Maña no recreo quedamos as 11:00 para o intercambio de impresións.
Non faltedes esperámosvos!

ATA MAÑÁ

Deixovos unha ficha da autora
http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha_autor.pl?id_autor=100005062&id_sello_editorial_web=13

e un caderno de críticas
http://www.xerais.es/catalogos/cuadernos_criticas/XG00056801_1.pdf



9 dic 2009

XUNTANZA dos "da RESISTENCIA"

Ola a todos. Esta entrada é para recordavos aos membros do club que estades a ler Resistencia, que temos unha xuntanza este xoves as 11:00 no recreo.

Para os lectores de Palabras de Caramelo, quedamos o vindeiro luns día 14 a mesma hora na Biblio!
Un saúdo

2 dic 2009

E MÁIS COUSIÑAS PARA OS LECTORES DE RESISTENCIA

Hoxe estou pola labor, así que para coñecer un pouquiño máis do contexto da novela, deíxovos uns carteis moi chulos da revolución dos cravos e un enlace por se queredes coñecer un pouquiño máis







E a canción de Zeca Afonso que iniciou a Revolución

SITUAMOS AS NOSAS LECTURAS


Estamos a ler dous libros ben interesantes, onde a localización da historia é un factor moi importante.

En Palabras de Caramelo, a acción desenvolvese no Arxel, nun campamento de refuxiados saharahuis. O Sahara Occidental foi ocupado por Marrocos e moitos dos seus habitantes viven exiliados no país veciño







Na novela de Rosa Aneiros RESISTENCIA, a acción trascorre no Portugal da ditadura. Os lugares máis presentes na novela son: San Pedro de Moel, A Marinha Grande, o penal militar de Peniche, O Pinhal do Rei (oude Leiría)...
Deixovos uns mapiñas para que vos situedes no noso país veciño






RESISTENCIA de Rosa Aneiros


É unha novela apaixoante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer, fermosa e memorable; toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldecidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio. Denís, un obreiro, e Filipa, filla dun rico comerciante, namoraron perdidamente sen calibrar as consecuencias.
Déixovos tamén unha entrevista que lle fixeron á autora

http://www.caixagalicia.es/Nuevo_netclub/wvio004c_entrevista57.html
PALABRAS DE CARAMELO. Gonzalo Moure. Ilustrado por Fernando Martín Godoy


Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou.
Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo
 
Deixovos o enlace ás páxinas dos autores por se queredes curiosear e coñecelos un pouco mellor
http://www.gonzalomouretrenor.es/
http://www.arteven.org/profile/FernandoMartinGodoy