13 mar 2011

Faladoiro. Martes 15 as oito na biblioteca.

Mercedes Ousinde é Diplomada en Enfermaría desde o ano 88. Traballou nas unidades hospitalaria do Chuac e do Hospital Modelo. Dende fai dez anos ,desempeña a súa función na unidade de Urxencias do Chuac.


Na súa amplísima formación especifíca atopamos ; cursos técnicos como formación en Electrocardiografía ; cursos xurídicos como estudos de protección xurídica e Responsabilidade profesional; formación psicolóxica como cursos de xestión das emocions,Un exemplo ; emocions e saude.

Teríamos que engadir formación en nutrición, en atención posoperatoria, tratamento de politraumatismos en pediatría, tratamento da dor aguda e outros tantos.

Vai falar con nos sobre o persoaxe de Alicia e, a partir da sua expericia profesional, da implicación que se produce entre os sanitarios e os enfermos crónicos.
      Estades invitados.

Ollos de auga de Domingo Villar

                  O pasado mes organizamos un club de lectura con alumnos e alumnas de 1º de bacharelato de diferentes cursos, letras e ciencias.  Previamente tiñan que apuntarse nunha lista e como se anotaron bastantes, decidimos repartilos en dous grupos; un deles acudiu un xoves pola tarde e outro no seguinte. Contamos ademais coa presenza do director do instituto. As dúas sesións foron moi intensas. Alí escoitamos opinións, dúbidas e ata propostas para introducir cambios na novela. No caderno do club de lectura recollemos as distintas opinións de cada un dos presentes. Algúns defendían a idea de que o personaxe de "Alba", a muller de Leo Caldas, non tiña case entidade e gustaríalles saber algo máis sobre ela, outros quedaron moi sorprendidos pola maneira en que asasinaron a Lois Reigosa ou polo desenlace inesperado. Tamén destacaron da lectura a ambientación, os aspectos cómicos a descrición dos lugares de Vigo que despertou a curiosidade de algúns ata o punto de que propuxeron achegarse alí. Outro aspecto que chamou especialmente a atención son as referencias musicais de jazz, de blues... e xa para rematar ,que esta novela é unha obra que fala de outros autores de libros de xénero policíaco, é dicir "un libro que fala de libros" e isto interesoulles moito.

23 feb 2011

Faladoiro ; As personaxes de Limpeza de sangue. O visitador

                                          

Seguimos ca nosa letura de Limpeza de sangue. Este martes axudounos a reflexionar sobre o espacio e as personaxes (Don Luís e O visitador) Mario Veloso, quen desde a súa perspectiva profesional achegounos outras visións complementarias ás que nos ofrece o autor na obra.

22 feb 2011

Charla-Coloquio

Hoxe, na biblioteca Mario Veloso Rios ( Informador técnico sanitario da empresa farmaceútica Pfizer )falara con nós sobre un dos personaxes de Limpeza de sangue, o visitador médico.Aunando a súa experiencia profesional ca visión que nos dá Rubén Ruibal.

10 feb 2011

A LINGUA DAS BOLBORETAS

Por Beatriz Diéguez Fernández
"Pardal é un rapaz que vive no ano 1936 nos tempos da II República.  O seu mestre, Don Gregorio, era republicano e ateo, e lévarono os franquistas cando a sublevación do 36, como a  moitos  máis. Pardal mentres  levaban ao mestre no camión tiroulle pedras e berroulle todas as palabras que el lle aprendera na clase e nas excursións que facían. O seu pai tamén era ateo, pero desfixose de todo o que o comprometía porque tiña medo de que tamén o levaran a el."



Micaela Coronel Areas:

"O que me chamou atención do relato foi que o profesor, Don Gregorio, cando dous rapaces se enfadaban,  xuntábaos na clase para que se fixeran amigos."

19 ene 2011

O xoves, 2 de decembro pola tarde, tivemos un club de lectura na biblioteca do noso instituto, con alumnas e alumnos de 1º de bacharelato. Pasamos un rato moi entretido comentando diferentes aspectos da novela de Darío Xohán Cabana. O que máis nos sorprendeu a todos foron as viaxes através do tempo do protagonista Galván, desde o presente até a idade media. Velaquí algúns dos comentarios dos lectores que participaron no clube

      "Gustoume a despedida de Galván de Masito e Inés, coa carta e os agasallos que lles deixou; unha luva de coiro, unhas moedas dentro dun pano bordado con fíos de ouro que formaba por un lado a figura dun falcón e por outro a figura do rei Artur"  Adriana Jiménez Ferrío (1BC-2)
      "Foi emocionante cando Galván gañou as batallas aos cabaleiros de cores coa forza do sol"  Ana Domínguez Viejo ( 1BC-1)

      "A min gustoume moito a escena na montaña do Santo Grial porque era un lugar máxico pero o que se vivía Galván nese momento era real. A min esa escena fascinoume" Paula Manteiga (1BH-2)

     "Gustoume moito pola maxia de pasar dunha época a outra"    Alexandra Parceiro Lence (1BH-2 )
     
"Gustoume o libro polo ambiente relacionado coa maxia e tamén porque apareza un castelo e unha fermosa dama e que xorda o amor co cabaleiro" Mª Soledad Muíño Lema (1BC-2)

17 jun 2010

REPASAMOS AS NOSAS LECTURAS

Como neste curso tivemos un pouco abandonado o blogue, deixamos a modo de recordatoria algunha das nosas lecturas neste ano 2009/10