10 feb 2010

Un video a proposito do libro

COMEZAMOS NOVA LECTURA

Nesta ocasión e seguindo a nosa SINGRADURA, atopámonos no N de novela negra e escollemos como lectura "A PRAIA DOS AFOGADOS" de Domingo Villar.

Deixovos unha sinopse:
Despois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.

8 feb 2010

XUNTÁMONOS O MÉRCORES 10 DE FEBREIRO

Nas portas do entroido, temos unha nova xuntanza para falar do noso libro do mes "O curioso incidente do can á media noite". Sei que algún de vos xa o rematastes e outros andades niso... En calquera caso espero que está vez fora unha boa elección.

A propósito do libro, un dos enigmas máis sorprendentes para min foi o de "As tres portas de Monty Hall".
Deixovos un enlace no que o explica cun simulador de xogo e un video coa explicación gráfica


http://javimoya.com/blog/2006/01/14/el-problema-de-monty-hall/



VÉMONOS O MÉRCORES NO RECREO!!

23 ene 2010

QUEDAMOS O LUNS!!

Ola a todos os membros do club!!!
Vémonos o próximo luns día 25 de xaneiro, no recreo na Biblioteca para presentar o novo libro deste mes:

O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os número primos ata 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.



14 dic 2009

XUNTANZA

Ola a todos os lectores de  Resistencia!
Maña no recreo quedamos as 11:00 para o intercambio de impresións.
Non faltedes esperámosvos!

ATA MAÑÁ

Deixovos unha ficha da autora
http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha_autor.pl?id_autor=100005062&id_sello_editorial_web=13

e un caderno de críticas
http://www.xerais.es/catalogos/cuadernos_criticas/XG00056801_1.pdf



9 dic 2009

XUNTANZA dos "da RESISTENCIA"

Ola a todos. Esta entrada é para recordavos aos membros do club que estades a ler Resistencia, que temos unha xuntanza este xoves as 11:00 no recreo.

Para os lectores de Palabras de Caramelo, quedamos o vindeiro luns día 14 a mesma hora na Biblio!
Un saúdo

2 dic 2009

E MÁIS COUSIÑAS PARA OS LECTORES DE RESISTENCIA

Hoxe estou pola labor, así que para coñecer un pouquiño máis do contexto da novela, deíxovos uns carteis moi chulos da revolución dos cravos e un enlace por se queredes coñecer un pouquiño máis







E a canción de Zeca Afonso que iniciou a Revolución